Monday 29 de April de 2024

A Mancomunidade de Ordes inaugura a súa mostra dos obradoiros artesanais


Será este venres no Museo do Traxe Juanjo Liñares e poderase visitar de balde ata o vindeiro 23 de decembro. Exporanse todos os traballos realizados nas clases de cestería, fiado de la, plantas medicinais e cosmética natural levadas a cabo nos últimos meses
Ordes, 14 de decembro de 2016. Este vindeiro venres, 16 de decembro, inaugurarase no Museo do Traxe Juanjo Liñares, na vila de Ordes, unha ampla mostra dos traballos realizados nos obradoiros artesanais organizados pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha convocatoria na que arredor de 200 veciños e veciñas dos municipios de Ordes, Frades, Mesía, Trazo, Tordoia, Cerceda e Oroso aprenderon técnicas e labores relacionados coa cestería, o fiado de la, as plantas medicinais e cosmética natural.
A mostra permanecerá aberta ao público e poderase visitar de balde ata o vindeiro 23 de decembro. A dita iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña para a súa posta en marcha.